miércoles, 23 de marzo de 2016

Recollida de firmas (16 horas)


Despois de que o 17/02/2016 comezásese a recollida de firmas para reclamar á empresa as 16 horas do ano 2014, onte entregáronse ante a Dirección as 1219 firmas que se recolleron.
Esperemos que este feito simbólico faga recapacitar á Dirección na súa postura. Desde esta sección sindical, continuaremos tratando de conseguir estas 16 horas que nos pertencen, ademáis de outros temas.
Achegamos o cartel informativo do Comité de Empresa.

jueves, 10 de marzo de 2016

PRESENZA DOS TRABALLADORES DE BAZAN NA OFRENDA DO 10 DE MARZO

Nutrida representación dos traballadores e traballadoras da antigua Bazan, nos actos matutinos  do 10 de marzo en lembraza dos nosos compañeiros Amador e Daniel asesinados pola policía franquista, ó pe da estatua fetia polo noso compañeiro Xoan Braxe.
 
 
 

Representación institucional, dos compañeir@s  de todos os estamentos do sindicato e mais do concello


martes, 8 de marzo de 2016

10 de MARZO

A SECCIÓN SINDICAL DE CCOO FAI UN CHAMAMENTO A TODOS OS AFILIAD@S E SIMPATIZANT@S A UNHA CONCENTRACIÓN NA PORTA DO ESTALEIRO MAÑÁ DÍA 10 ÁS 10:45 H. PARA PARTICIPAR NO ACTO INSTITUCIONAL DO MONUMENTO DO 10 DE MARZO CON MOTIVO DO DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA. 

DEBERASE FICHAR A SAIDA E A ENTRADA NO RELOXO DO TALLER DE SERRAS. NON É NECESARIO PEDIR PASE PERO SI AVISAR Ó MANDO

 




 

viernes, 4 de marzo de 2016

Axudas os estudos 2015

Tal como infórmase no aviso, as axudas ao estudo do ano 2015 abonásense coa regularización da paga de febreiro.
Desde esta sección sindical, continuaremos reclamando as axudas pendentes de cobro dos anos 2013, 2014 e 2015.