AS NOSAS IDEAS PARA FERROL


REIVINDICACIÓNS ESPECÍFICAS PARA O CENTRO DE FERROL

O ASTALEIRO

A maior preocupación, neste últimos anos, era a ver cando saía o vindeiro “organigrama”, e como quedaba cada quen. Así a base de organigramas e cambios por todos os sitios ate chegar a descolocar a todo o persoal sen distinción de gremios ou categorías, se chegou a unha total descoordinación do estaleiro, e un malestar xeneralizado dende o primeiro a o último traballador/a.

O barco ten data de entrega pero esta non pode ser a calquera prezo. Temos o reto de facer e rematar o BAP,  que ven a ser como o zapato que non cabe en nigun pe, pero temos que facer que entre. Cun retraso meridianamente programado dende a Dirección para deixarnos quedar en evidencia diante do estaleiro privado.

 Como parche ten o seu valor, igual que o BAM, un pequeno barco para as nosas gradas, que tamén leva un ritmo de construción non comprendido por ninguén.

Pero temos que estar en condicións de saber responder o reto que se nos aveciña das F110, así como de calquera programa de ARMADAS EXTRANXEIRAS, aínda que con esta dirección, é fácil perder todos, como xa nos pasou con Noruega, ou os famosos catro gaseros.

 En CCOO, creemos que un cambio radical na estrutura organizativa e funcional, novas ferramentas de deseño e informáticas, etc., da empresa hai que facelo tendo en conta as características e historia de esta empresa e cómo se traballou ate de agora, e por suposto coa participación de to@s traballador@s. Os experimentos con gasosa; e se os que dirixen esta empresa non teñen a seguridade de que os cambios que impulsan van mellorar o que hai, por favor déixeno como está e/ou vaiamos pouco a pouco e seguros do que facemos. Ser prudentes e con sentido: evolución sí, experimentos no.

A SAA TÉCNICA: como primeira fase de traballo, ten que partir do coñecemento práctico do buque, que traslade ese SABER FACER ó proxecto. Todo aquilo que ten que ver co proxecto, o deseño, a documentación técnica, planos, aprovisionamentos, etc., debería estar en fase moi avanzada antes de acometer o proceso de produción do buque e demais equipamentos. A documentación técnica e o desenvolvemento de planos ten que facerse como sempre se fixo, coa definición e detalle que hoxe brillan pola súa ausencia.

Mellorar o nivel tecnolóxico os recursos humanos e materiais a adecuación dos medios técnicos, xunto á formación permanente, son unha prioridade da que vai depender en boa medida o futuro da Empresa, xa que as Oficinas Técnicas representan o potencial da capacidade tecnolóxica de Navantia e son a base para lograr unha posición competitiva sostible e de primeira orde.

Hai que modificar substancialmente o modelo de transformación (DTFN) e a Estrutura Organizativa e Funcional que está a impoñer a Dirección, que nos está a levar a uns niveis de desorganización xamais coñecidos, nada funciona como é debido: traballamos máis e en peores condicións, empregamos moito máis tempo que no pasado, empeora a calidade, multiplicaranse as reformas a levar a cabo en produción, aumentarán os custos por exceso de horas de traballo e materiais, e o que é peor, multiplicará o risco potencial de accidentes a bordo, especialmente despois da botadura. Esta é a realidade que os "sabios" do Comité de Dirección e o propio Presidente se negan a recoñecer.

Plantilla:

Es necesario abordar un programa de rexuvenecemento do persoal como obxectivo vital e estratéxico, sen o cal non haberá futuro, e en consecuencia, a aplicación dun programa de prexubilaciones que o faga factible.

Hai que situar o persoal na realidade dos gremios, os escalafóns levan 7 anos parados, xa non responde a realidade. Ademais do FACTOR IDADE, donde xa hai compañeiros que non poden estar subindo e baixando a escaleira do barco todo o día, donde hai gremios que súa capacidade produtiva é mínima ou ningunha.

CCOO pensa  que haberá que reequilibrar as plantillas, naquelas tarefas de coordinación e dirección, e as mais técnicas e con mais valor engadido, aquelas onde o desenrolo do proxecto dependa da nosa xestión e experiencia, e sobre todo aquelas onde a PREVENCIÓN, xogue o papel fundamental, en pleno século XXI, se ten que vir a traballar para buscar un salario non para morrer no tallo.

A interconexión entre gremios sempre se deu dun xeito natural, pero o concepto de programa é totalmente artificial e fora da nosa estrutura organizativa. O criterio de que o estaleiro é un departamento  único ten que voltar, e quen marque  o transito é o lanzamento do buque.

TALLER DE ELABORADO: ten que reestructurarse, para centrarse nunhas liñas de fabricación, que aínda que mal adquiridas (a porcentaxe de avarías é incrible) agora haberá que sacalles partido

PREFABRICADO; Na practica está privatizado, por mor da pouca capacidade produtiva polos escasos compañeir@s alí adicado

A GRADA: A situación dese compendio de Auxiliares, facéndose a competencia entre elas, ten que normalizarse e non se poden estabrecer os traballos a salto de mata.

CARPINTEIROS E MANIOBRA: Coa importancia que teñen, na montaxe do buque, non pode quedar ubicado nun “servicio auxiliar”, e debería formar parte directa da estrutura do estaleiro.

MONTAXE: No que respeta ó montaxe do buque, esa terceira fase importantísima, para o acabado do buque, temos que voltar a compactar e rexuvenecer os gremios, de HABILITACIÓN, ELECTRICIDADE, TUBEROS e MONTURAS. Non pode ser que sexan as Auxiliares as que comanden sen ton nin son estes traballos

Todo isto ademais será imposible sen a colaboración entre NAVANTIA e as AUXILIARES o que conleva un respecto por estas e sobre todo os seu traballador@s, así como as súas condicións de traballo e salariais, e de continuidade no traballo.

A PREVENCIÓN debería ser o eixo central de todo traballo, chegamos a ser punteiros no Estado pero a dia de hoxe, pouco mais que non deixa de ser algo documental, moitos papeis pero pouca acción preventiva.-

ÁREA DE REPARACIÓNS

A Reparación de buques tanto militares como civís nesta zona é competitiva, ten prestixio e da beneficios. A existencia “dunha gran autopista marítima” e a proximidade da planta de Reganosa, colócanos nunha situación de privilexio que converte esta actividade en estratéxica para Navantia Ría de Ferrol. Así mesmo o Sector de Reparacións na Ría de Ferrol é unha actividade xeradora dunha importante riqueza económica, social e de emprego en Ferrolterra que é imprescindible impulsar incrementando a súa capacidade, actualizando e modernizando todas as súas instalación e explotando ao máximo todo o seu potencial.

Dende CC.OO. propoñemos:

Ø  Planificación a curto e medio prazo que garanta o cumprimento dos compromisos adquiridos cos diferentes clientes, para o cal é necesario o deseño e estratexias que prioricen o fortalecemento de industriais dirixidas a estes sectores.

Ø  Modernizar Reparacións na Ría de Ferrol, definindo necesidades e promovendo as inversións que a situación precise.

Ø  Mantemento da alianza con BP nas reparacións europeas e trasatlánticas da súa frota de buques.

Ø  Mantemento e potenciación dos Acordos con Nixeria (Buques LNG), SHELL, EXMAR (esta última inmersa na transformación de parte dos seus buques).

Ø  Maior selectividade na contratación de buques mercantes en mercados de maior nivel de esixencia.

Ø  Desenvolver programas de formación continua do conxunto dos traballador@s ao obxeto de mellorar a cualificación e especialización.

Ø  Potenciación da Industria Complementaria fomentando a súa especialización e diversificación, facéndoa copartícipe dos procesos de reparación e transformación dos buques.

Ø  Descentralización do Departamento de Aprovisionamentos de Navantia, adaptándoo ás necesidades do sector de reparacións.

Ø  Explorar o previsible mercado de transformación de buques con propulsión de vapor a propulsión Diesel/Eléctrico e a propulsión a Gas Natural.

Ø  Ante a nova normativa europea sobre a diminución das emisións de CO2 (zonas de control de emisións ECA complementado co programa TEN-T, que levará consigo a transformación de buques e o uso de propulsión a Gas Natural (GAL), analizar as posibilidades que se van abrir neste mercado.

Ø  A Área de Reparacións terá que dar resposta axeitada a buques de grandes dimensións (especialmente ante a apertura da nova Canle de Panamá) para o que é fundamental dotarse dun Dique de maior dimensión que os actuais se quere sobrevivir a medio e longo prazo. Reclamamos os investimentos requiridos para acometer a construción dun Dique que nos permita ampliar os nosos mercados dentro da reparación e transformación de todo tipo de buques, e desenvolver así unhas actividades de maior valor engadido e de emprego.

TURBINAS

Nos últimos anos Turbinas pasou a ser practicamente un taller auxiliar do Estaleiro, tras o abandono no seu día da actividade eólica, consecuencia, por unha parte, da gran freada das enerxías renovables auspiciada polos Gobernos, tanto Central como Autonómico, e por outra pola propia indefinición da Dirección da Empresa en canto ao futuro de Turbinas e liñas de actividade e produtos.

O anterior, xunto á falta de novas contratacións e carga de traballo propia desta Área, trouxo como consecuencia a perda de coñecementos dos produtos tradicionais da Fábrica, certa desprofesionalización e profunda desorganización, todo iso aderezado pola desidia e incompetencia dunha Dirección que foi incapaz de acometer un proxecto claro, que vén a debuxar un escenario cheo de incertezas e sen perspectivas de futuro.

Dende CC.OO. propoñemos a elaboración dun Proxecto Industrial propio para Turbinas, que analice con rigor todas as oportunidades de negocio, a nivel nacional e internacional, e que defina claramente as liñas de actividade e produtos sobre os que se debe sustentar o futuro de Turbinas.

Polas súas características e actividades a Fábrica de Turbinas debe ser piar básico sobre o que se asente gran parte da necesaria diversificación da Empresa e que reúne as condicións para abordar a apertura de novos mercados e proxectos diversificadores para o futuro.

O Proxecto Industrial debería apostar, na súa vertente estratéxica, por superar a dependencia tecnolóxica e a escasa nacionalización dos produtos que padece esta área, superando así o papel de simple subcontratista e convertela, cada vez máis, en contratista principal con proxectos, tecnoloxía e deseño propios. No contexto actual, as alianzas e acordos con tecnólogos sería a estratexia do futuro co fin de poder acceder a mercados globais.

A normativa ambiental da U.E. é cada vez máis severa, polo que nos próximos anos se prevén actuacións de todas as administracións, local, rexional, estatal e, mesmo, da propia U.E. en apoio da utilización de enerxías menos contaminantes, así como as derivadas da utilización de residuos, biomasas e toda clase de enerxías alternativas.

Na área de Defensa a Fábrica de Turbinas debe seguir sendo subministradora de todos aqueles programas navais dos que Navantia sexa adxudicataria, pero ademais, débense potenciar todas as vantaxes que se derivan da pertenza a unha empresa como Navantia, en canto ao seu acceso a mercados internacionais tanto militares coma civís. É relevante sinalar como equipos máis significativos: motores e turbinas propulsoras, grupos de xeración eléctrica, redutores, eixes de cola, arrefriadores e equipos auxiliares.

Ademais das actividades inherentes ás liñas de produtos tradicionais, debe desenvolverse unha actividade nacional e internacional de actuación en Proxectos Integrais que permita participar nos devanditos mercados non só como subministrador de equipos ou servizos ao final da cadea de valor, senón como Contratista Principal.

A execución deste tipo de estratexia require:

Ø  Acceso a tecnoloxías de vangarda específicas de produtos para Defensa e a súa adaptación a aplicacións civís.

Ø  Incrementar a participación en mercados de turbinas para usos industriais (principalmente enerxías alternativas), bens de equipo, actividade eólica, etc.

Ø  Intensificar o mercado de asistencia ao cliente e o de repostos.

Ø  Tecnoloxía de produto axeitada á aplicación requirida.

Ø  Xestionar os proxectos, incluíndo o control de provedores.

Ø  Capacidade de deseño para a integración de equipos.

Ø  Ante a nova normativa europea sobre a diminución das emisións de CO2 (zonas de control de emisións ECA complementado co programa TEN-T, que levará consigo a transformación de buques e o uso de propulsión a Gas Natural (GAL), analizar as posibilidades que se van abrir neste mercado.

Establecer Plans de Actuación sobre os seguintes aspectos:

Ø  Maior esforzo en I+D, incorporando novas tecnoloxías tanto de deseño coma de fabricación.

Ø  Contar cunhas Oficinas Técnicas e de enxeñaría de deseño con capacidade necesaria para dar resposta aos obxectivos que se establezan no Proxecto Industrial.

Ø  Potenciar os acordos de colaboración e de transferencia tecnolóxica, en proxectos nacionais e internacionais, que permitan o acceso a novos mercados, actividades, tecnoloxías e licenzas.

Ø  Creación de núcleos especializados dedicados a traballar en programas de I+D, e investigación da posible aplicación da tecnoloxía dual para outros produtos de carácter civil.

Ø  Elaboración dun catálogo de productos.

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.