viernes, 29 de mayo de 2015

RESULTADOS DO CONGRESO 27 E 28 05 2015


Votaron 438 (57,48%) afiliados e afiliadas a CC.OO. para a elección da Executiva, co seguinte resultado:

 
Votos a favor da Candidatura encabezada por Javier Galán 349

Votos a favor da Candidatura encabezada por Javier Losada 82

Blancos 7

 
Votaron 433 afiliados e afiliadas a CC.OO. para a elección do Secretario Xeral, co seguinte resultado:

 

Votos a favor de Javier Galán 344

Votos a favor de Javier Losada 78

Blancos 10

Nulos 1

 

Despois desta votación o novo Secretario Xeral é Javier Galán Pérez e a nova executiva queda formada por 12 membros da lista encabezada por Javier Galán e 3 da lista encabezada por Javier Losada. A nova Executiva é a seguinte:

 

1          JAVIER GALÁN PÉREZ

2          LUÍS M GARCÍA PITA

3          XAN RAMÍREZ GOMEZ

4          IGNACIO NAVEIRAS PENA

5          MIGUEL POL LEYVA

6          JUAN ANDRÉS NEIRA SANDÁ

7          JOSÉ A DÍAZ VIDAL

8          ALBERTO SARDINA MOURIZ

9          JAVIER ALLEGUE CASAL

10       NOEL LÓPEZ TEIJEIRO

11       PABLO GONZÁLEZ CAMPELO

12       RAFAEL MOURENTE SUÁREZ

13       JAVIER LOSADA MARTÍNEZ

14       DIEGO COSTOYA CALVO

15       VICENTE FERRER CASAL

 

lunes, 25 de mayo de 2015


UN COMPROMISO CON  CCOO
         
Compañeir@s: encontrámonos ante un momento importante en que o noso sindicado ten ante se retos que afrontar a curto-medio prazo, sobre todo, no referente á posible negociación do PLAN INDUSTRIAL e o desenlace-negociación do futuro Convenio Colectivo. A nosa candidatura, xunto unha parte da afiliación, temos inquietudes e preocupación pola situación en que se encontra a nosa Sección Sindical, inquietudes que veñen propiciadas unhas, debido as últimas decisións tomadas pola Dirección desta Empresa a través da súa Xefatura de Persoal, con fortes actitudes en contra do noso Sindicato durante a negociación do último Convenio Colectivo, e outras que son de réxime interior pola desafección por unha parte da nosa afiliación cara á Sección Sindical discrepando sobre todo pola metodoloxía do seu funcionamento. Aínda recoñecendo a dificultade dos momentos pasados, estes motivos, fundamentalmente, son os que nos levaron a dar un paso adiante e presentar unha candidatura á Secretaría Xeral e a Comisión Executiva da nosa Sección Sindical co compromiso de:

1º) Retomar a metodoloxía histórica da nosa Sección Sindical mediante a elaboración dun documento onde se recollan os aspectos fundamentais para o seu bo funcionamento.

2º) Propiciar a renovación e rexeneración d@s afiliad@s na lista á Secretaría Xeral e a Executiva da Sección Sindical, para iso estivemos e estaremos en contacto c@s afiliad@s nos diversos centros e tallos coñecendo os posibles candidat@s a sumarse a este proxecto e garantindo que sexan persoas consensuadas e recoñecidas pola maioría dos seus compañeir@s de traballo.

3º) Liderar o proceso de integración, unha vez nomeada a nova Executiva, das persoas que vaian formar parte do novo Comité de Empresa, cando se constitúa.

Para todo isto necesitamos o apoio de tod@s e cada un d@s nos@s afiliad@s. Non son unhas eleccións calquera, as persoas, que ao final van ser elixidas, necesitan máis que nunca o apoio e a confianza de toda a nosa afiliación e para iso non hai nada máis importante que participar na Asamblea Congresual do vindeiro 27, e a masiva participación nas votacións que se producirán dentro da nosa fábrica o día 28 de Maio á candidatura-ás á Executiva da Sección Sindical en Navantia Ferrol e nas Eleccións Sindicais que terán lugar o próximo 25 de Xuño.

NÓS COMPROMETÉMONOS CON CC.OO.

COMPROMETERVOS CO VOSO VOTO PARTICIPANDO.                                   
 JAVIER GALÁN