lunes, 25 de mayo de 2015


UN COMPROMISO CON  CCOO
         
Compañeir@s: encontrámonos ante un momento importante en que o noso sindicado ten ante se retos que afrontar a curto-medio prazo, sobre todo, no referente á posible negociación do PLAN INDUSTRIAL e o desenlace-negociación do futuro Convenio Colectivo. A nosa candidatura, xunto unha parte da afiliación, temos inquietudes e preocupación pola situación en que se encontra a nosa Sección Sindical, inquietudes que veñen propiciadas unhas, debido as últimas decisións tomadas pola Dirección desta Empresa a través da súa Xefatura de Persoal, con fortes actitudes en contra do noso Sindicato durante a negociación do último Convenio Colectivo, e outras que son de réxime interior pola desafección por unha parte da nosa afiliación cara á Sección Sindical discrepando sobre todo pola metodoloxía do seu funcionamento. Aínda recoñecendo a dificultade dos momentos pasados, estes motivos, fundamentalmente, son os que nos levaron a dar un paso adiante e presentar unha candidatura á Secretaría Xeral e a Comisión Executiva da nosa Sección Sindical co compromiso de:

1º) Retomar a metodoloxía histórica da nosa Sección Sindical mediante a elaboración dun documento onde se recollan os aspectos fundamentais para o seu bo funcionamento.

2º) Propiciar a renovación e rexeneración d@s afiliad@s na lista á Secretaría Xeral e a Executiva da Sección Sindical, para iso estivemos e estaremos en contacto c@s afiliad@s nos diversos centros e tallos coñecendo os posibles candidat@s a sumarse a este proxecto e garantindo que sexan persoas consensuadas e recoñecidas pola maioría dos seus compañeir@s de traballo.

3º) Liderar o proceso de integración, unha vez nomeada a nova Executiva, das persoas que vaian formar parte do novo Comité de Empresa, cando se constitúa.

Para todo isto necesitamos o apoio de tod@s e cada un d@s nos@s afiliad@s. Non son unhas eleccións calquera, as persoas, que ao final van ser elixidas, necesitan máis que nunca o apoio e a confianza de toda a nosa afiliación e para iso non hai nada máis importante que participar na Asamblea Congresual do vindeiro 27, e a masiva participación nas votacións que se producirán dentro da nosa fábrica o día 28 de Maio á candidatura-ás á Executiva da Sección Sindical en Navantia Ferrol e nas Eleccións Sindicais que terán lugar o próximo 25 de Xuño.

NÓS COMPROMETÉMONOS CON CC.OO.

COMPROMETERVOS CO VOSO VOTO PARTICIPANDO.                                   
 JAVIER GALÁN

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.