viernes, 28 de octubre de 2016

Nota Informativa

Esta semana houbo unha reunión entre a Comisión da Industria Auxiliar do Comité de Empresa de Navantia Ferrol coas federacións dos sindicatos CCOO, UGT, CIG , MAS e USTG.
Na sección Sindical de CCOO debatemos varias posibilidades para situarnos neste asunto (Industria auxilar) antes da reunión da Permanente do Comité de Empresa.
Na Permanente decídese facer un calendario de accións a realizar que se presentará ás federacións dos sindicatos anteriormente mencionados, entre as que figuran, unha rolda de prensa e posible concentracións, todo isto á espera de como transcorren os acontecementos, mentres Navanta non presenta o seu documento da Industria Auxiliar.

jueves, 20 de octubre de 2016

Nota informativa

O pasado venres tras decatarnos da visita a Ferrol do presidente de Navantia , o Comité de Empresa convoca aos traballadores a unha concentración para explicar a situación dos compañeiros da industria auxiliar, na que se decidiu saír ao Cantón, onde a empresa tiña prevista unha reunión con varios empresarios para explicar o modelo de subcontratación. Consideramos unha falta de prudencia esta actuación por parte de presidente cando se acaba de abrir a mesa de negociación para regular a industria auxiliar.
O luns desta semana se reunión a coordinadora de CCOO e a Coordinadora dos Comités de Empresa. O martes foi a reunión da Coordinadora dos Comités de empresa coa Dirección de Navantia.

Na Coordinadora dos Comités de Empresa falouse dos seguintes temas:

Con relación á DPO dos Técnicos Superiores tratouse de acordar as medidas de presión que van secundar este colectivo nos 7 centros de Navantia, hai coincidencia en todos os centros salvo en Madrid e Cartaxena.

Aprobouse presentar o borrador do documento da Industria Auxiliar acordado por todos os sindicatos á Empresa na reunión do martes.

Na reunión da Coordinadora dos Comités coa Empresa tratouse o modelo de subcontratación de Navantia. A Coordinadora presento á empresa o seu borrador consensuado e a empresa solicito un receso para estudalo. Despois de renovar a reunión, a empresa de comprometeu a tratar 3 puntos do borrador e a presentarnos as liñas xerais nas que quere basear a subcontratación coa suficiente antelación para poder negociar estes temas nunha reunión da mesa de subcontratación que celebrarase a primeira semana de Novembro.

Doutra banda o 22 de novembro celebrárase o fallo do recurso presentado pola empresa ante o Tribunal Supremo sobre a validez ou invalidez do 4º convenio colectivo de Navantia. A Audincia Nacional e o Fiscal xa nos deu a razón no seu día e esperemos que a sentenza sexa favorable aos nosos intereses.

Mañá venres 21 realizaremos unha asemblea de afiliade@s para informar cal será o proceso de reclamacións das asimilacións do 2016.

lunes, 10 de octubre de 2016

Nota Informativa


Na reunión de delegados do pasado venres, falamos e acordamos a asistencia á concentración do mesmo día, realizada diante do edificio da Xunta de Galicia en Ferrol para denunciar os contratos lixo, os baixos salarios, a precariedade laboral e revindicar traballos dignos. O sete de outubro celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente.

O 18 de outubro reunirase a Mesa de Subcontratación en Madrid.

Este mes de outubro realizaremos unha asemblea de afiliados afectados  pola asimilación do ano 2016, onde se explicará a documentación para entregar e as datas que manexaremos. De todo isto irémosvos informando vía correo electrónico e carteis polos taboleiros.

Continuamos reclamando as catro horas para doar sangue (actualmente conceden 2h) e unha hora para renovar o DNI, estes dous puntos trasládanos a unha posible negociación colectiva.  En relación á traballadora social, contéstannos que van estudar a situación de repoñer este servizo. Expuxemos a necesidade da creación da Comisión do Cartucho de nadal e celebrarase unha reunión o vindeiro xoves para poner en marcha esta comisión.

martes, 4 de octubre de 2016

Xubilados do ano 1996


O martes 04/10/2016 o Comité de Empresa de Navantia Ferrol presentou un escrito na oficina de MAPFRE (Esteiro) no que se pedía a reposición da situación que viña dando desde os últimos 13 anos ata o pasado mes de Xuño dos xubilados afectados polo expediente nº 18/96 da E.N. Bazan; ademais de esixir información e explicacións desta aseguradora ao Comité de empresa.

lunes, 3 de octubre de 2016

Nota Informativa


Na reunión do pasado 29 de setembro entre a Coordinadora dos Comités de Empresa coa Dirección de Navantia en Madrid, tratouse dous temas, a apertura da mesa de subcontratación e a DPO dos Técnicos Superiores.

Neste primeiro contacto, constituíuse a mesa de subcontratación, onde a parte social realizou unha declaración de intencións, a idea de minimizar a subcontratación todo o posible e de fomentar a contratación directa por parte de Navantia e de dar unha maior estabilidade aos traballadores da industria auxiliar, denunciamos que a política de subcontratación actual de Navantia repercute directamente nas deficientes condicións laborais dos traballadores das mesmas. Vemos necesario abrir o debate dos persoais dos diferentes centros, os persoais deben de estar dimensionadas para poder afrontar as cargas de traballo cunha  mínima subcontratación.

Chégase ao acordo de facer unha reunión cada 15 días aproximadamente ata a consecución dun acordo relativo a este asunto, a próxima reunión é o 18 de outubro.

En Relación á DPO, trasladouse á empresa o malestar do colectivo dos técnicos superiores pola medida tomada pola empresa, aínda que retorna á situación anterior do ano 2014, non recoñece a retroactividad do subtraído no ano 2015 e négase a negociar coa representación sindical os conceptos de aplicación da DPO, por este motivo, informamos á dirección que en todos os centros realizásense as seguintes accións:

·        Realización de asembleas informativas.

·        Cumprimento estrito da xornada laboral.

·        Non atender chamadas telefónicas nin correos electrónicos nin realización de viaxes fóra da xornada estipulada.

·        Concentracións semanais do colectivo.

·        Cumprimento estrito dos procedementos de tabajo en cada departamento.

·        Realización dun paro xeral de colectivo durante unha xornada completa.