jueves, 20 de octubre de 2016

Nota informativa

O pasado venres tras decatarnos da visita a Ferrol do presidente de Navantia , o Comité de Empresa convoca aos traballadores a unha concentración para explicar a situación dos compañeiros da industria auxiliar, na que se decidiu saír ao Cantón, onde a empresa tiña prevista unha reunión con varios empresarios para explicar o modelo de subcontratación. Consideramos unha falta de prudencia esta actuación por parte de presidente cando se acaba de abrir a mesa de negociación para regular a industria auxiliar.
O luns desta semana se reunión a coordinadora de CCOO e a Coordinadora dos Comités de Empresa. O martes foi a reunión da Coordinadora dos Comités de empresa coa Dirección de Navantia.

Na Coordinadora dos Comités de Empresa falouse dos seguintes temas:

Con relación á DPO dos Técnicos Superiores tratouse de acordar as medidas de presión que van secundar este colectivo nos 7 centros de Navantia, hai coincidencia en todos os centros salvo en Madrid e Cartaxena.

Aprobouse presentar o borrador do documento da Industria Auxiliar acordado por todos os sindicatos á Empresa na reunión do martes.

Na reunión da Coordinadora dos Comités coa Empresa tratouse o modelo de subcontratación de Navantia. A Coordinadora presento á empresa o seu borrador consensuado e a empresa solicito un receso para estudalo. Despois de renovar a reunión, a empresa de comprometeu a tratar 3 puntos do borrador e a presentarnos as liñas xerais nas que quere basear a subcontratación coa suficiente antelación para poder negociar estes temas nunha reunión da mesa de subcontratación que celebrarase a primeira semana de Novembro.

Doutra banda o 22 de novembro celebrárase o fallo do recurso presentado pola empresa ante o Tribunal Supremo sobre a validez ou invalidez do 4º convenio colectivo de Navantia. A Audincia Nacional e o Fiscal xa nos deu a razón no seu día e esperemos que a sentenza sexa favorable aos nosos intereses.

Mañá venres 21 realizaremos unha asemblea de afiliade@s para informar cal será o proceso de reclamacións das asimilacións do 2016.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.