martes, 15 de noviembre de 2016

Nota Informativa


A Reunión da Coordinadora coa Empresa na Mesa de Subcontratación, a empresa preséntanos o seu documento da industria auxiliar sen moita marxe para poder estudalo. A varios puntos importantes do documento presentado pola parte social non contesta. Nós apostamos por unha subcontratación de persoal das comarcas, de terminar coa subcontratación en cadea, de que se cumpran como mínimo os convenios provinciais, realizar un control de presenza para garantir que non se producen xornadas laborais excesivas, queremos participar nas subcontratacions para garantir que se cumpre a lei e nistos puntos a empresa non aclara nada. A nosa intención é avanzar con rapidez en acordos, agora fai falta saber se a dirección da empresa ten esta vontade. e a próxima reunión queda fixada sobre o 30 de novembro, pero aínda sen confirmar.
 
Na reunión dos delegados de CCOO antes da reunión da Coordinadora e da mesa de Subcontracion faláronse dos seguintes temas:

·        Da importancia da formación do novo goberno xa que vai ser este quine nome o novo presidente da SEPI e a continuidade ou cesamento do actual presidente de Navantia, estas decisións son de gran importancia para o futuro da nosa empresa.

·        Fálase das medias a tomar ante o próximo día 22, coa sentenza do  Tribunal Supremo relativo á vixencia do convenio de Navantia, que sería unha concentración, mentres o tribunal delibera.

·        Do paro dos Técnicos superiores aprazado do 10 ao 17 deste mes.

·        Fálase dos actos do presidente de Navantia e das súas consecuencias no persoal, de carga de traballo, da organización da empresa, dos resultados económicos, das relacións laborables case nulas?.e das actuacións que este sindicato terá que liderar para tratar de cambiar esta inercia que nos conduce ao desastre.

Na reunión do Comité de Seguridade coa Empresa, falouse do como a industria auxiliar debe de adaptarse ao as normas de Navantia relativo principalmente ao recurso preventivo.
Na reunión celebrada onte a petición da Directora do recursos humanos, co Presidente da Coordinadora, tratouse a problemática que ten o colectivo dos Técnicos Superiores. Desta reunión arrincouse un compromiso de creación dun grupo de traballo con vontade negociadora aspectos tales como a incorporación dos TS ao convenio.

Na permanente de hoxe, tómase a decisión de facer unha asemblea mañá cos Técnicos Superiores ás 10:00h nos locais do comité de empresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.