martes, 23 de mayo de 2017

Asemblea paro


Hoxe na asemblea paro celebrada na porta do arsenal de Navantia Ferrol, o Comité de Empresa informou ao persoal dos seguintes temas:
Nestes días recolleuse un total de 1500 kg de alimentos que foi entregado no Centro de Recursos Solidarios de Narón,  dado que solicitaron a nosa colaboración.
Na primeira fase de mobilizacións conxuntas en todos os centros de Navantia, viña reclamando o cesamento do presidente (Sr Revolta), o  cumprimento do III convenio colectivo, a inclusión dos Técnicos Superiores en convenio e carga de traballo para todos os centros ; esta fase termino coa concentración dos delegados diante da SEPI.
Posteriormente a estas mobilizacións, prodúcese o cesamento do presidente de Navantia ( Sr Revolta) e noméase como sucesor ao Sr Vilasánchez. O novo presidente na visita a Navantia Ferrol, tras a reunión mantida co Comité de Empresa quitamos as seguintes conclusións:
·         Un cambio de talante.
·         Compromiso de resolver as débedas aos traballadores do III convenio.
·         Compromiso dunha nova organización produtiva.
·         Comunícanos que a Directora de RRHH abandónanos o 31 de maio.
·         Necesidade dun plan de futuro.
Mentres tanto en Navantia Ferrol vimos tomando as seguintes medias de presión:
·         Non ás prolongacións de xornada.
·         Impedimos o traslado de bloques.
·         Realizamos máis de 20 asembleas de tallo.
·         Recollida de máis de 1100 firmas solicitando o cambio do modelo produtivo.
·         Inspección de traballo.
Na reunión da Coordinadora co novo Presidente sobre a organización produtiva expomos os seguintes temas:
·         ¿Seguira en vigor o documento denominado "DFTN"?
·         Normas e procedemento da Dirección Corporativa.
·         Manterase o sistema de xestión "TIMON"?
·         Vaise continuar coa implantación do "LEAN"?
·         ¿Que estratexia vai optar o departamaneto de Compras?
·         Poñer en valor as figuras do Director e do xefe de producción.
·         Necesitamos coñecer as actividades "CORE"
·         Modelo de subcontratación do departamento de Compras.
·         A situación da contratación das 5 corvetas de Arabia Saudita.
·         Solución ao conflito do III convenio colectivo.
Do plan industrial informounos que tiñan pensado facelo a 5 anos, que non aumentasen os persoais (5280 traballadores) e que non se pechasen centros.
O día 16 de maio celebrouse o xuízo do cartucho de Nadal do 2013 na Audiencia Nacional.
Nos próximos días acordaranse liñas mestras de actuación, tanto en asembleas parciais como en asemblea xeral.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.