Respecto da publicación, na Revista Cuaderna do
31 de xaneiro do 2017, dunha entrevista ao Xefe de Construcción do B.A.M. 5
“Audaz” D. Joaquín Pery Bohórquez , sobre o Sistema Integral de Vixilancia Activa
do Buque (S.I.V.A.B.), esta Comisión de Seguridade e Saúde de CC.OO quere
manifestar o seguinte:
O publicado na Revista Cuaderna, como “novo produto”, “novedoso sistema”, “gústame pensar que somos os pioneros en realizar un programa de prevención pensando en aplicar as nosas tecnoloxías de última xeración”, “este sistema xorde pola aplicación do Método L.E.A.M., etc.”
Todo isto é falso e non responde á realidade, o
S.I.V.A.B., non deixa de ser unha modernización/evolución máis do TANN
SYMCHRONOME (foi o seu primeiro nome), e na que se han incorporado
modificacións ao longo do tempo, sendo este sistema un grandísimo avance na súa
época sobre a prevención e protección activa.Este traballo empezouse a
implantar na construción do portaaeronaves Príncipe de Asturias e as series de
Fragatas tipo Santamaría.
§ Durante décadas, segundo avanzaba a tecnoloxía, este sistema foise
adaptando e incorporando en base a diferentes actualizaciones, primeiro foron
de “timbres de hospital”, logo
incorpóraselle o “Optimus”,
que conleva melloras a través de programas de ordenador, megafonía, detectores
e cunha memoria con capacidade de 250 mensaxes, etc., e así ata a data en que
foi incorporado a todas as construcións, e ata vendido a Australia.
§ Este é un produto que por iniciativa dos traballadores/as da antiga Bazán
Ferrol e en colaboración cunha empresa da comarca, estiveron desenvolvendo este
sistema, que foi finalmente financiado por Bazán.
§ O modo en que os Responsables da Dirección de Navantia falan do S.I.V.A.B
dá a sensación de que é un sistema “novo”,
ideado e proxectado por alguén, que o único que pretende é facer entender que
el, ou o seu grupo de traballo, son os creadores. Esta Comisión de Seguridade e
Saúde Laboral considera que isto é unha apropiación do traballo duns
compañeiros/as, que xa entendían, naquela época, que a prevención e a
protección é algo prioritario.
§ O Comité de Seguridade e Saude de Ferrol, por medio dos delegados de
CC.OO. xa denunciou este asunto ao Director de Prevención D. Ignacio Cayetano
Oliva, recibindo, como resposta, que recoñece que o S.I.V.A.B. é unha evolución
do sistema creado por Ferrol, pero négase a facer calquera rectificación sobre
as súas declaracións respecto diso.
Este tipo de comportamentos, por desgraza, vén
sendo habitual neste responsable de Navantia, o cal non deixa de ser outra
campaña protexida polo Director de Prevención que ao seu antojo fai e desfai o
que lle vén en gana, deixando prevalecer uns centros sobre outros, segundo o
seu interese.
Non podemos tolerar este tipo de mentiras na “propaganda” sobre o S.I.V.A.B. e polo tanto esiximos de inmediato a rectificación por parte dos responsables da Dirección de Navantia tanto na Revista Cuaderna como alí onde se publicou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.