jueves, 27 de agosto de 2015

COMUNICADO COMITE DE EMPRESA POLA BOTADURA


A botadura do Flotel para Pemex vaise realizar o 28 de agosto con dous meses de antelación respecto da data prevista. Todo isto a pesar de que a empresa transmitiu continuamente, nos medios de comunicación, un suposto retraso que mesmo derivou na subcontratación de parte do traballo. Este adianto das datas non se corresponde, como sería desexable, a unha boa planificación por parte da Dirección da empresa, se non todo o contrario, a improvisación e desorganización que agora impera nesta Dirección leva a tirar pola borda a estratexia construtiva anterior na que se viña mellorando os procesos produtivos co conseguinte aforro de cartos e esforzos por parte dos traballadores/as.

Se a botadura pode adiantarse dous meses da data prevista é a costa de deteriorar as condicións de traballo da plantilla e da Industria Auxiliar. É inaceptable suplir os erros na planificación en base a realización de prolongacións de xornada de xeito masivo, cambios no período de vacacións e situacións de seguridade e hixiene manifestamente mellorables na construcción do flotel.

As reclamacións polas que as plantillas de Navantia e a Industria Auxiliar vimos mobilizándonos nos últimos catro anos teñen hoxe a mesma vixencia. Navantia Ría de Ferrol segue a precisar dun dique coa suficiente envergadura para afrontar contratos futuros. As gradas quedan baleiras a espera da posta de quilla en Ferrol, do tan utilizado BAM. Este feito é o que sería necesario para dar continuidade no traballo e no emprego, así como dotar de nova carga de traballo tanto no ámbito civil como no militar.

Por iso nos diriximos á cidadanía da Comarca de Ferrolterra para alertar de que as constantes promesas electorais non son garantía de traballo e pedirlle que siga alerta e constantemente mobilizada cos Comités de Navantia e a Industria Auxiliar, para garantir carga de traballo é futuro para a nosa Comarca.

Comité de Empresa de Navantia Ferrol

27 de agosto de 2015
 
 

martes, 11 de agosto de 2015

IMOS A PEOR..COMUNICADO COMITE DE EMPRESA


A Dirección da Empresa, despois de notificar o adianto da botadura para o 28 de agosto, empraza á Comisión de Produtividade a unha reunión. Nesta comunicase a necesidade, de maneira indispensable, de facer prolongación de xornada os sábados e domingos ata a propia data da botadura.

Neste sentido o Comité de Empresa quere manifestar o seguinte:

1.    Non se entende como é posible que sabendo que a botadura será  o 28 de agosto, non se tivera comunicado ós traballadores/as, no prazo legal marcado polo convenio colectivo, a necesidade de quedarse nas vacacións. Pola contra, páctase a título individual as condicións de cada traballador para quedarse neste período. Deste xeito hai traballadores preavisados en prazo e outros non.

2.     Non podemos  permitir que o adianto da botadura sexa  a costa do esforzo e sacrificio dos traballadores/as da Empresa Principal e da Industria Auxiliar. Todo isto en base á realización de prolongacións de xornada  de xeito masivo por capricho da dirección de Navantia co fin de colgarse algunha medalla.

Non entendemos este adianto cando no mes de xuño a propia Navantia recoñece que o barco está ó 42,5% da execución e que faltan 35 bloques por colocar.

3.    É necesario resaltar o obrigado cumprimento dos artigos 22 e 23 do XXI Convenio Colectivo Interprovincial, así como os 34, 35, 36 e 37 do Estatuto dos Traballadores. Todos eles se refiren a regulación das xornadas de traballo e o descanso obrigatorio.

4.    Non é a nosa responsabilidade si o buque non se pode botar o día 28 de agosto, dado que é a Dirección de Navantia a que toma a decisión de maneira unilateral e sen previa comunicación a este Comité de Empresa, para poder valorar si realmente hai posibilidades de ter rematados os traballos requiridos no tempo que falta desde que se toma a decisión ata a fecha da botadura. Hai que ter en conta unhas axeitadas condicións de traballo no que se refire a prevención.

5.      Despois de ter consultado cos traballadores que participan na construción do buque  xa manifestamos ante a Dirección da Factoría de Ferrol, a posibilidade  de retraso na botadura  polas  fundadas dúbidas de chegar a tempo nas condicións desexables.

6.    Despois de realizar varias visitas o buque manifestamos, que de seguir mantendo o ritmo de traballo actual e coas necesidades de prolongación de xornada que se nos din como necesarias, a existencia dun caldo de cultivo propicio para accidentabilidade laboral. Si fose este o caso, so faremos responsable á propia Dirección da Empresa.

7.    O noso consello e que o Sr. Director, reúna as Xefaturas de Produción e valoren, antes de que sexa demasiado tarde, a posibilidade de retrasar dita botadura. Asómesmo debería poñelo canto antes en coñecemento do Presidente da Compañía.

Non sería desexable  que na nosa Factoría, e por primeira vez na súa historia nun hito tan importante, non se estivera a altura das circunstancias. Unha empresa na que  moitos traballadores/as foron  capaces de axudar a  forxar a base de moito sacrificio.
Dende este Comité de Empresa manifestamos a nosa intención de actuar coa máxima responsabilidade en todas as decisións que se poidan tomar a partir de agora en cumprimento da legalidade vixente