A
Dirección da Empresa, despois de notificar o adianto da botadura para o 28 de
agosto, empraza á Comisión de Produtividade a unha reunión. Nesta comunicase a
necesidade, de maneira indispensable, de facer prolongación de xornada os
sábados e domingos ata a propia data da botadura.
Neste
sentido o Comité de Empresa quere manifestar o seguinte:
1. Non
se entende como é posible que sabendo que a botadura será o 28 de agosto, non se tivera comunicado ós
traballadores/as, no prazo legal marcado polo convenio colectivo, a necesidade
de quedarse nas vacacións. Pola contra, páctase a título individual as
condicións de cada traballador para quedarse neste período. Deste xeito hai
traballadores preavisados en prazo e outros non.
2. Non podemos
permitir que o adianto da botadura sexa
a costa do esforzo e sacrificio dos traballadores/as da Empresa Principal
e da Industria Auxiliar. Todo isto en base á realización de prolongacións de
xornada de xeito masivo por capricho da
dirección de Navantia co fin de colgarse algunha medalla.
Non
entendemos este adianto cando no mes de xuño a propia Navantia recoñece que o
barco está ó 42,5% da execución e que faltan 35 bloques por colocar.
3. É
necesario resaltar o obrigado cumprimento dos artigos 22 e 23 do XXI Convenio
Colectivo Interprovincial, así como os 34, 35, 36 e 37 do Estatuto dos Traballadores.
Todos eles se refiren a regulación das xornadas de traballo e o descanso
obrigatorio.
4. Non
é a nosa responsabilidade si o buque non se pode botar o día 28 de agosto, dado
que é a Dirección de Navantia a que toma a decisión de maneira unilateral e sen
previa comunicación a este Comité de Empresa, para poder valorar si realmente
hai posibilidades de ter rematados os traballos requiridos no tempo que falta
desde que se toma a decisión ata a fecha da botadura. Hai que ter en conta
unhas axeitadas condicións de traballo no que se refire a prevención.
5. Despois
de ter consultado cos traballadores que participan na construción do buque xa manifestamos ante a Dirección da Factoría
de Ferrol, a posibilidade de retraso na
botadura polas fundadas dúbidas de chegar a tempo nas
condicións desexables.
6. Despois
de realizar varias visitas o buque manifestamos, que de seguir mantendo o ritmo
de traballo actual e coas necesidades de prolongación de xornada que se nos din
como necesarias, a existencia dun caldo de cultivo propicio para
accidentabilidade laboral. Si fose este o caso, so faremos responsable á propia
Dirección da Empresa.
7. O
noso consello e que o Sr. Director, reúna as Xefaturas de Produción e valoren,
antes de que sexa demasiado tarde, a posibilidade de retrasar dita botadura. Asómesmo
debería poñelo canto antes en coñecemento do Presidente da Compañía.
Non sería
desexable que na nosa Factoría, e por
primeira vez na súa historia nun hito tan importante, non se estivera a altura
das circunstancias. Unha empresa na que moitos traballadores/as foron capaces de axudar a forxar a base de moito sacrificio.
Dende este Comité de
Empresa manifestamos a nosa intención de actuar coa máxima responsabilidade en
todas as decisións que se poidan tomar a partir de agora en cumprimento da
legalidade vixente
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.