jueves, 27 de agosto de 2015

COMUNICADO COMITE DE EMPRESA POLA BOTADURA


A botadura do Flotel para Pemex vaise realizar o 28 de agosto con dous meses de antelación respecto da data prevista. Todo isto a pesar de que a empresa transmitiu continuamente, nos medios de comunicación, un suposto retraso que mesmo derivou na subcontratación de parte do traballo. Este adianto das datas non se corresponde, como sería desexable, a unha boa planificación por parte da Dirección da empresa, se non todo o contrario, a improvisación e desorganización que agora impera nesta Dirección leva a tirar pola borda a estratexia construtiva anterior na que se viña mellorando os procesos produtivos co conseguinte aforro de cartos e esforzos por parte dos traballadores/as.

Se a botadura pode adiantarse dous meses da data prevista é a costa de deteriorar as condicións de traballo da plantilla e da Industria Auxiliar. É inaceptable suplir os erros na planificación en base a realización de prolongacións de xornada de xeito masivo, cambios no período de vacacións e situacións de seguridade e hixiene manifestamente mellorables na construcción do flotel.

As reclamacións polas que as plantillas de Navantia e a Industria Auxiliar vimos mobilizándonos nos últimos catro anos teñen hoxe a mesma vixencia. Navantia Ría de Ferrol segue a precisar dun dique coa suficiente envergadura para afrontar contratos futuros. As gradas quedan baleiras a espera da posta de quilla en Ferrol, do tan utilizado BAM. Este feito é o que sería necesario para dar continuidade no traballo e no emprego, así como dotar de nova carga de traballo tanto no ámbito civil como no militar.

Por iso nos diriximos á cidadanía da Comarca de Ferrolterra para alertar de que as constantes promesas electorais non son garantía de traballo e pedirlle que siga alerta e constantemente mobilizada cos Comités de Navantia e a Industria Auxiliar, para garantir carga de traballo é futuro para a nosa Comarca.

Comité de Empresa de Navantia Ferrol

27 de agosto de 2015
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.