lunes, 26 de junio de 2017

SEGURIDADE E SAÚDE NAVANTIA CC.OO. FERROL


Respecto da publicación, na Revista Cuaderna do 31 de xaneiro do 2017, dunha entrevista ao Xefe de Construcción do B.A.M. 5 “Audaz” D. Joaquín Pery Bohórquez , sobre o Sistema Integral de Vixilancia Activa do Buque (S.I.V.A.B.), esta Comisión de Seguridade e Saúde de CC.OO quere manifestar o seguinte:


O publicado na Revista Cuaderna, como “novo produto”, “novedoso sistema”, “gústame pensar que somos os pioneros en realizar un programa de prevención pensando en aplicar as nosas tecnoloxías de última xeración”, “este sistema xorde pola aplicación do Método L.E.A.M., etc.

Todo isto é falso e non responde á realidade, o S.I.V.A.B., non deixa de ser unha modernización/evolución máis do TANN SYMCHRONOME (foi o seu primeiro nome), e na que se han incorporado modificacións ao longo do tempo, sendo este sistema un grandísimo avance na súa época sobre a prevención e protección activa.Este traballo empezouse a implantar na construción do portaaeronaves Príncipe de Asturias e as series de Fragatas tipo Santamaría.

 

§  Durante décadas, segundo avanzaba a tecnoloxía, este sistema foise adaptando e incorporando en base a diferentes actualizaciones, primeiro foron de “timbres de hospital”, logo incorpóraselle o “Optimus”, que conleva melloras a través de programas de ordenador, megafonía, detectores e cunha memoria con capacidade de 250 mensaxes, etc., e así ata a data en que foi incorporado a todas as construcións, e ata vendido a Australia.

 

§  Este é un produto que por iniciativa dos traballadores/as da antiga Bazán Ferrol e en colaboración cunha empresa da comarca, estiveron desenvolvendo este sistema, que foi finalmente financiado por Bazán.

 

§  O modo en que os Responsables da Dirección de Navantia falan do S.I.V.A.B dá a sensación de que é un sistema “novo”, ideado e proxectado por alguén, que o único que pretende é facer entender que el, ou o seu grupo de traballo, son os creadores. Esta Comisión de Seguridade e Saúde Laboral considera que isto é unha apropiación do traballo duns compañeiros/as, que xa entendían, naquela época, que a prevención e a protección é algo prioritario.

 

§  O Comité de Seguridade e Saude de Ferrol, por medio dos delegados de CC.OO. xa denunciou este asunto ao Director de Prevención D. Ignacio Cayetano Oliva, recibindo, como resposta, que recoñece que o S.I.V.A.B. é unha evolución do sistema creado por Ferrol, pero négase a facer calquera rectificación sobre as súas declaracións respecto diso.




Este tipo de comportamentos, por desgraza, vén sendo habitual neste responsable de Navantia, o cal non deixa de ser outra campaña protexida polo Director de Prevención que ao seu antojo fai e desfai o que lle vén en gana, deixando prevalecer uns centros sobre outros, segundo o seu interese.

Non podemos tolerar este tipo de mentiras na “propaganda” sobre o S.I.V.A.B. e polo tanto esiximos de inmediato a rectificación por parte dos responsables da Dirección de Navantia tanto na Revista Cuaderna como alí onde se publicou.

miércoles, 7 de junio de 2017

martes, 23 de mayo de 2017

Asemblea paro


Hoxe na asemblea paro celebrada na porta do arsenal de Navantia Ferrol, o Comité de Empresa informou ao persoal dos seguintes temas:
Nestes días recolleuse un total de 1500 kg de alimentos que foi entregado no Centro de Recursos Solidarios de Narón,  dado que solicitaron a nosa colaboración.
Na primeira fase de mobilizacións conxuntas en todos os centros de Navantia, viña reclamando o cesamento do presidente (Sr Revolta), o  cumprimento do III convenio colectivo, a inclusión dos Técnicos Superiores en convenio e carga de traballo para todos os centros ; esta fase termino coa concentración dos delegados diante da SEPI.
Posteriormente a estas mobilizacións, prodúcese o cesamento do presidente de Navantia ( Sr Revolta) e noméase como sucesor ao Sr Vilasánchez. O novo presidente na visita a Navantia Ferrol, tras a reunión mantida co Comité de Empresa quitamos as seguintes conclusións:
·         Un cambio de talante.
·         Compromiso de resolver as débedas aos traballadores do III convenio.
·         Compromiso dunha nova organización produtiva.
·         Comunícanos que a Directora de RRHH abandónanos o 31 de maio.
·         Necesidade dun plan de futuro.
Mentres tanto en Navantia Ferrol vimos tomando as seguintes medias de presión:
·         Non ás prolongacións de xornada.
·         Impedimos o traslado de bloques.
·         Realizamos máis de 20 asembleas de tallo.
·         Recollida de máis de 1100 firmas solicitando o cambio do modelo produtivo.
·         Inspección de traballo.
Na reunión da Coordinadora co novo Presidente sobre a organización produtiva expomos os seguintes temas:
·         ¿Seguira en vigor o documento denominado "DFTN"?
·         Normas e procedemento da Dirección Corporativa.
·         Manterase o sistema de xestión "TIMON"?
·         Vaise continuar coa implantación do "LEAN"?
·         ¿Que estratexia vai optar o departamaneto de Compras?
·         Poñer en valor as figuras do Director e do xefe de producción.
·         Necesitamos coñecer as actividades "CORE"
·         Modelo de subcontratación do departamento de Compras.
·         A situación da contratación das 5 corvetas de Arabia Saudita.
·         Solución ao conflito do III convenio colectivo.
Do plan industrial informounos que tiñan pensado facelo a 5 anos, que non aumentasen os persoais (5280 traballadores) e que non se pechasen centros.
O día 16 de maio celebrouse o xuízo do cartucho de Nadal do 2013 na Audiencia Nacional.
Nos próximos días acordaranse liñas mestras de actuación, tanto en asembleas parciais como en asemblea xeral.

 

jueves, 11 de mayo de 2017

Recollida de firmas

O pasado martes 9 o comité de empresa deu unha charla informativa na concentración realizada diante dos locais do comité, posteriormente trasladámonos á Dirección da empresa para facer entrega de máis de 1100 firmas nas que se manifestan un total desacordo coa nova organización productiva imposta de maneira unilateral pola Dirección Corporativa de Navantia. Esiximos que a nosa opinión se teña en conta para a elaboración dun novo plan de organización da empresa.


 

lunes, 8 de mayo de 2017

Aviso Concentración Comité


Xornadas de Prevención en Navantia Ferrol


O Comité de Seguridade e Saúde decidiu o non participar nas Xornadas de Prevención de Navantia Ferrol, por diferentes motivos que se reflicten no seu Comunicado, doutra banda, mantivo outras Xornadas de Prevención dentro do Estaleiro, como asembleas aos traballadores de Navantia por toda a fábrica , explicando o por que non participa e tendo o apoio de todos/as os compañeiros/as nas súas demandas, convocando a unha concentración do persoal diante do Cartel contador/ marcador de accidentes, con lectura do comunicado e trasladando este a os medios de comunicación, facendo unha asemblea cos delegados das empresas auxiliares tendo como tema principal a figura do recurso preventivo, seguindo con reunións cos recursos preventivos de todas as empresas auxiliares.

 
 
 
 
 



 

lunes, 13 de marzo de 2017

Aviso


Nota Informativa

Hoxe ás 23:30h sairemos os delegados de Navantia Ferrol dirección Madrid para realizar unha acción protesta na sede da SEPI mañá martes. O motivo é a reivindicación do cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo que anula o IV Convenio Colectivo.

Asemade, mañá coincidindo co horario de protesta en Madrid, tamén haberá un encerro por parte de todos os traballadores de Navantia dentro da Factoría, este está previsto ata as 17:00 horas.

Hoxe realizamos unha asemblea sorpresa fronte á cabeceira da bancada para os traballadores de prefabricado, prearmamento e elaborado para informarlles da situación actual da empresa.

As 10:30 horas realizamos unha asemblea en Navantia Fene cos traballadores de Navantia Ferrol que se atopan desprazados no devandito centro.

Ás 13:00 h o comité de empresa terá unha reunión co director e co xefe de produción de Navantia Ferrol para tratar as nosas reivindicacións tratadas nas asembleas que tivemos tanto cos mandos intermedios do BAM como cos responsables dos AOR.

jueves, 9 de marzo de 2017

Comunicado encerro


Nota Informativa

Onte ás 7:00h da mañá con motivo das accións sorpresas que se están realizando, paralizouse o movemento dun bloque da superestructura do BAM. Máis tarde ás 8:00h da mañá realizouse unha asemblea informativa do comité de empresa cos mandos intermedios que traballan no BAM e ás 12:00h outra asemblea cos máximos responsables do programa AOR, aproveitado que este comité decatouse que estaban reunidos en escolas. O motivo das dúas asembleas, é informar a opinión do comité da organización imposta pola dirección de Navantia.

 

jueves, 2 de marzo de 2017

Nota informativa

Na reunión mantida a petición dos directores dos programas BAM, AOR e ALHD Turco co comité de empresa, expuxéronnos as necesidades das prolongacións de xornadas dos distintos proxectos, nós mantivémonos na posición de non realizar prolongacións de xornadas salvo as pactadas previamente, así como seguir paralizando os movementos de bloques pertencentes aos diferentes fitos.

Aviso


8 de marzo