martes, 10 de enero de 2017

Nota Informativa

Na reunión de delegados de hoxe falamos dos seguintes puntos:

Calendarios de reunións:
Mañá 11 de xaneiro, asemblea en Ferrol cos TS
O 13 de xaneiro celebrásese unha executiva en Ferrol para tratar o do XI Congreso Confederal de CC.OO
O 17 de xaneiro, reunirase a coordinadora de CCOO en Madrid.
O 18 de xaneiro, reunirase a mesa do grupo de traballo dos TS en Madrid.
O 24 de xaneiro, reunirase a coordinadora unitaria dos comités de empresa en Madrid.
O 25 de xaneiro, reunión da coordinadora coa dirección da empresa en relación a mesa de subcontratación.
A data da reunión do plan de igualdade, de momento está pendente de confirmar por parte da dirección da empresa.
A comisión de produtividade infórmanos do estado das seguintes obras en curso: BAM, AOR, BAP e SUEZMAX
A comisión de auxiliares Infórmanos da resolución do problema dos 3 traballadores da empresa IRCA que foron recolocados na empresa APPLUS. Tamén nos informa da situación dos gardas de seguridade xa que SEGUR IBERICA entrou en concurso de acredores.
A comisión de Formación:
Esiximos o máis axiña posible o escalafón actualizado a 31/12/2016; así como a verificación do proceso de contratación dos TS.
A finais de decembro presentáronse no SMAC as reclamacións das asimilacións do 2016, a data da conciliación é o 13 de febreiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.