viernes, 27 de enero de 2017

Nota Informativa

Na mesa de traballo dos TS do 18 de xaneiro en Madrid, a empresa asume traballar sobre os seguintes puntos:
Integración dos TS en convenio.
Pasar parte da variable da DPO a salario Base.
A revisión da estructura profesional.
Non asume falar do 5% da DPO do 2015 nesta mesa de traballo.
 
Na mesa de subcontratación entre a parte social e a dirección da empresa do día 25 de xaneiro, prodúcese un avance importante aínda que quedan puntos por pechar e desexamos que na próxima reunión continuar no camino de acadar un pre acordo.
Na reunión para o plan de igualdade do 25 de xaneiro, a parte social reclamamos o compromiso da dirección da empresa da creación oficial desta comisión, a redacción de actas e un regulamento de funcionamiento, así como os datos necesarios para poder afrontar a negociacións do plan. A falta de confirmar, a próxima reunión será dentro de 3 semanas.
 
Na reunión da permanente do comité de empresa de hoxe, tómase a decisión de non permitir a realización de horas extras e de TxT e de todo tipo de modificación de xornada.
 
O luns 30/01/2017 ás 8:00 h reunirase a executiva de CCOO para tratar as accións a tomar para o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo.
O martes 31/01/2017 ás 10:00 h , realizarase unha sección sindical de CCOO nos locais do comité de empresa para tratar as accións a tomar para o cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo.
O Martes 31/01/2017 a última hora da maña haberá unha reunión da permanente do comité de empresa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.