martes, 30 de junio de 2015

AGRADECEMENTO

A Comisión Executiva da Sección Sindical de Comisións Obreiras agradece a participación de todos os traballador@s nas eleccións sindicais celebradas o pasado día 25, independentemente do sentido do seu voto, especialmente a todos os afiliad@s desta organización sindical e en particular aos interventores que colaboraron connosco o día da votación.

A alta participación e os resultados reforzan e lexitiman aos nosos delegad@s e demostran que Navantia non puido dobregar a CC.OO. nin os seus traballador@s.

Ante os retos e desafíos que temos que afrontar esperamos estar á altura da confianza que os compañeir@s depositastes en nós.


GRAZAS A TOD@S

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.