lunes, 1 de junio de 2015

PETICION DE PROPOSTAS PARA AS CANDIDATURAS


A comisión Executiva de CCOO-Navantia Ferrol, xunto co Secretario Xeral Javier Galán quere agradecer a toda a afiliación, a masiva participación no proceso congresual celebrado os pasados 27 e 28.

Os 118 presentes no congreso mais os 438 que tomaron parte na votación no dia 28, parécenos unha muy boa participación, nestes momentos tan transcendetais  para a nosa organización.

A militancia de cc.oo, entendeu que este proceso tiña que supor un punto de inflexión, non so nas relacións entre os traballadores, senón tamén na defensa dos intereses dos seus intereses diante dunha dirección, que dende fai tempo ven intentando reducir a mínima expresión a este sindicato.

O respaldo conquerido, siñifica, xunto a responsabilidade que iso supón, que a nosa organización, pouco a pouco vai colleitando os apoios necesarios dos nosos afiliad@s nos importantes retos que se  aveciñan.

O 25 de xuño, é a vindeira cita importante nesta fábrica, posto que tera lugar as eleccións sindicais  e para elo todas e todos temos que facer os esforzos posibles para presentar a mellor candidatura das CC.OO. E para todo elo facemos un chamamento a participación masiva.

A partires de agora, dende o COMPROMISO E LEALTADE CO SINDICATO, e para favorecer a máxima participación, plantexamos que
a partires de maña e diante dunha premura de tempo, o dia 10 hai que presentar as candidaturas, esta Executiva recibirá todas aquelas propostas que se fagan dende os gremios, ou disposicións individuais, para configurar, con criterios de representatividade, operatividade, e vision de futuro, a mellor das candidaturas posibles, para
FACER DE CCOO, O SINDICATO FORTE, TRANSPARENTE E COMBATIVO, QUE OS TRABALLADORES SE MERECEN.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.