lunes, 15 de junio de 2015

NON CONSOLIDACIÓN DA CANDIDATURA DO CSIF


 CCOO, diante das eleccións sindicais, quere facer un agradecemento público a todos os traballadores e traballadoras que unha vez máis deron un sentido de clase e que teñen claro que, unha manobra como a que intentou o CSIF, cun traballador recen chegado, e que por todos os medios, intentou facer una candidatura corporativista.

Pero unha vez máis a plantilla de Navantia Ferrol, soubo poñer no seu sitio a estes “externos paracaidistas”, movidos por escuros intereses, moitas das veces privados, e so acudirán as eleccións, sindicatos de clase.

A Dirección Corporativa de Navantia, co afán de dividir os traballadores/ás, alenta candidaturas de sindicatos corporativistas que pretenden desunir máis que integrar, tamén en Ferrol, ata o punto de presionar, a través de altos cargos directivos, a varios compañeiros para que formasen parte da devandita candidatura. O feito de que estes compañeiros se negasen a participar nesa trama, merece o noso máis sincero recoñecemento, e cremos que o de todos os traballador@s da empresa. De ter consolidado unha candidatura dese tipo, tería sido un retroceso perigoso que aumentaría a desunión, e que nos afastaría do máis importante e desexable que é o proceso integrador polo que vimos apostando dende CC.OO.

Isto ten que ser una chamada de atención a empresa, de que ten un problema, pois nestes tempos non se pode aínda pensar que “un enxeñeiro de Bazán”, é un aristócrata de Ferrol, senón que é un traballador máis, e como tal ten que ter uns dereitos irrenunciables, e máis nunha empresa pública que debía ser modelo.

Do mesmo xeito, a incorporación de traballadores por esa vía, non pode ser algo reservado. A transparencia da que se fai gala no portal da web, e que pouco campa nesta empresa, ten que dar un gran paso adiante.

CCOO,  como sindicato de clase, ten a súa intención como principio defender os intereses de todos os traballadores e traballadoras, e nestes novos tempos en pleno século XXI, xa non se poden aguantar estruturas feudais contra as que se vai loitar sen dubida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.