jueves, 24 de septiembre de 2015

VISITA DA DIRECTORA DE RR.HH. E DO XEFE DE PERSONAL


Compañeir@s

Con motivo da visita da Directora de Recursos Humans e do Xefe de Persoal de Navantia, queremos daros a coñecer un resumo de dita reunión.
O motivo de dita reunión, sen orde do dia, dado que o plantexaron como visita institucional e protocolaria, e de presentación do novo Comité, xurdido das últimas elecciones sindicáis.
 Tivemos a oportunidade de comentar os problemas que a dia de hoxe afectan a esta factoria.
O Presidente do Comité de empresa, inicia a reunión, desgranando todos e cada un dos problemas que habíamos acordado nunha reunión previa da Permanente do Comité:
En primeiro lugar nos interesamos pola falla de carga de traballo, indicando que a día de hoxe só estamos fabricando bloques do BAM, aún ritmo moi lento.
En segundo lugar, plantexamos todolos incumplimentos da dirección da empresa con referencia a nulidade do IV Convenio colectivo e o acta de conciliación de 09 de Setembro da Audiencia Nacional, onde a empresa recoñece e asume o III Convenio.

·         Asimilaciones años 2013-2014-2015, tense a vontade de aboar, pero pendente de autorización.

·         Xornada: Debeda de 16 horas do 2014

·         Becas

·         Comedor e economato

·         Paquete de Nadal

·         Licencias retribuidas

·         Retirada das picadas impostas no IV convenio colectivo

·         Negativa a recoñecer os delegados de Prevención.

A Directora de RR:HH contesta algún dos temas plantexados.
Os temas de índole de incremento salarial, vexase, Asimilacións, paquete de nadal, comedor e economato e outros, os deriva as Leis presupuestarias do goberno e a sua autorización para o seu abono.

A debeda das 16 horas, tamen as liga a incremento de masa salarial.
O paquete de Nadal 2015, sen estar pechado o tema, comenta que en principio se aboaria os activos, pendente do que diga Izar con referencia os pasivos.

A retirada das dobres picadas, o remiten o que dí o artigo 26 do XXI Convenio Colectivo de Bazan. Presenza efectiva no posto de traballo.
No referente as Licenzas retribuidas, están en disposición de chegar acordos, nos usos e costumes reflexados en convenios anteriores.

En referencia ao non recoñecemento do Comité de Prevención por parte da Dirección, comentan que houbo compromisos de darlle solución co anterior Comité, ante esa imposibilidade, tomase a decisión do non recoñecemento, en base o estipulado no artigo 35 da Lei 31/1995 de prevención de riscos laboráis.
Ante estas contestacións, a representación sindical, comenta o seguinte:

Nos parece una tomadura de pelo, que a dirección asuma o abono das cantidades pendentes de aboar, ligadas a autorización do Ministerio de Facenda, e outras cuestión as derive o ditamen do Tribunal Supremo. E dicir, non hai vontade de arranxar os problemas derivados da nulidade do IV Convenio Colectivo.
Con referencia a debeda das 16 horas de xornada do ano 2014, se esixe que se cumpla, por considerar que non supón ningún perxuizo para a empresa no caso de que o Tribunal Supremo, dera a razón a empresa.

Coas becas, non recoñecen o remanente de anos anteriores, e que son diñeiros de todolos traballador@s.
O cartucho de nadal do 2013 foi a propia dirección quen retirou de maneira unilateral, quedando pendente o 2014 como consecuencia da signatura do cuarto convenio.

Nás licenzas retribuidas, comentamos que había cuestións que se estaban aboar, antes de IV Convenio, que esixiamos que se voltara os usos e costumes do convenio anterior, como eran os casos de acompañamento o pediatra, oncoloxia, etc
Plantexamos de inicio, que nin con Franco pasaba o que está acontecer, cos rexistros de picadas dobles ( Acceso a factoria e de presenza o mais cerca do posto de traballo). E pola contra non se esixe una regulación para a industria auxiliar, que nos poidera certificar os horarioa que teñen os/as compañeiros/as de ditas empresas, que moitas veces realizan dobraxes de turno.

Con referencia o Comité de Prevención, indicouse a gravidade da dirección de non recoñecer o comité como tal, e que nestes momentos dende o punto de vista da dirección, esta factoria está sen Comité de Prevención.

E por outra parte plantexamos a legalidade de este comité de prevención en base a acta asinada entre a dirección e a representación dos traballadores con data de 20 de Decembro de 2006 onde se recoñece que a representación social en Prevención de Riscos Laborais fora dos orgaos de representación dos traballadores (Comité de Empresa-Delegados de Prevención) seguirá vixente nos centros en que actualmente existe.

NAVANTIA - Ferrol, a 24 de setembro de 2015

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.