jueves, 22 de diciembre de 2016

Nota informativa

Nas reunións mantidas coa Dirección de Navantia en Madrid o martes e mércores desta semana, falamos dos seguintes puntos:
Plan de Igualdade: A empresa dános uns indicadores básicos para comezar a traballar coa parte social na creación dun novo plan de igualdade consensuado. Do mesmo xeito a empresa comprometeuse a darnos un borrador antes da seguinte reunión e con tempo suficiente para estudalo. A seguinte reunión celebrásese na segunda quincena de xaneiro.
Mesa de Subcontracción: Nesta mesa houbo un achegamento entre a parte social e a dirección da empresa, pero aínda quedan varios escollos importantes como os criterios de avaliación das empresas, o cumprimento do convenio provincial do metal, o control de presenza e as comisións de seguimento. Consideramos que na próxima reunión do 25 xaneiro, poderemos ter un principio de acordo ou non.
Grupo traballo TS: Constituíuse o grupo de traballo , facendo unha declaración de intencións por parte da dirección da empresa e tamén pola parte social e a dirección comprometeuse a darnos uns datos como a clasificación profesional e o nº de TS en cada centro na próxima reunión do día 18 xaneiro. Antes desta data, celebrásese unha asemblea con este colectivo.
A resolución do Tribunal Supremo: Emprazamos á dirección da empresa a que na reunión do próximo 25, nos de contestación á devandita resolución, pola contra teremos que tomar as accións que consideremos oportunas.
 
 

lunes, 12 de diciembre de 2016

Manifestación 15 Decembro



Sección Sindical


Nota Informativa

Na reunión de delegados de hoxe, acordamos os seguintes puntos:
·        Reunión da executiva mañá martes 13 ás 08:00 horas.
·        Realizar unha Sección Sindical o mércores 14 ás 10:00 h nos locais do comité de empresa.
·        Realizar unha Asemblea Xeral o xoves 15 ás 10:30 horas no garaxe.
Os asuntos para tratar son:
·        Sentenza do Tribunal Supremo.
·        Mesa Subcontratación.
·        Acordo Ingresos TS.
·        Grupo traballo TS.
·        Calendario Laboral.
·        Cese Presidente.
·        Campaña recollida de Alimentos e Xoguetes.
·        Varios

viernes, 2 de diciembre de 2016

Nota Informativa

Na reunión mantida en pasado mércores entre a Dirección de Navantia e a Coordinadora Unitaria dos Comités de Empresa acordase a creación dunha mesa de negociación do Plan de Igualdade de Navantia e dun grupo de traballo para tratar a problemática dos Técnicos Superiores (TS), tanto a mesa como o grupo de traballo constituiranse o 20 de decembro aínda que esta data está sen confirmar.

Desde a parte social hai unha proposta maioritaria do calendario laboral para o 2017.
O cartucho de nadal repartirase entre o 12 e 16 de decembro no Hiper Froiz situado no Centro Comercial do Alto do Castiñeiro de Marón. O horario é de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 20:00h.
A dirección de Navantia confírmanos que as axudas ao estudo abonarase na nómina de novembro deste ano.

jueves, 24 de noviembre de 2016

Informe de profesions por idades

Achegamos o informe dalgunhas profesións por idades que realizado por CCOO antes da rolda de prensa do 18/12/2016.
As cifras de persoal de gremios de producción, son as que entrarían a raíz do corte de chapa do AOR.

lunes, 21 de noviembre de 2016

Informe Cifras do BAP

Achegamos o informe realizado por CCOO de Ferrol en relación ás cifras do BAP antes da rolda de prensa do 18/12/2016.



Informe organización Navantia

Achegamos o informe realizado por CCOO en relación á organización de Navantia antes da rolda de prensa do 18/12/2016.


viernes, 18 de noviembre de 2016

Cartucho Nadal 2016


Informamos que a repartición do cartucho de nadal despois dunha reunión mantida no dia de hoxe, queda da seguinte maneira: 

·        Distrbuidor Froiz

·        Lugar da repartición o mesmo que ao ano anterior (Froiz Alto Castiñeiro Narón)

·        Datas de repartición do 12 ao 16 de decembro do 2016.

·        A folla da repartición como se fixo historicamente entregásese coa nómina de Novembro(ó 10  de decembro) e ós pasivos enviaráselles por correo ó seu domicilio.

martes, 15 de noviembre de 2016

Nota Informativa


A Reunión da Coordinadora coa Empresa na Mesa de Subcontratación, a empresa preséntanos o seu documento da industria auxiliar sen moita marxe para poder estudalo. A varios puntos importantes do documento presentado pola parte social non contesta. Nós apostamos por unha subcontratación de persoal das comarcas, de terminar coa subcontratación en cadea, de que se cumpran como mínimo os convenios provinciais, realizar un control de presenza para garantir que non se producen xornadas laborais excesivas, queremos participar nas subcontratacions para garantir que se cumpre a lei e nistos puntos a empresa non aclara nada. A nosa intención é avanzar con rapidez en acordos, agora fai falta saber se a dirección da empresa ten esta vontade. e a próxima reunión queda fixada sobre o 30 de novembro, pero aínda sen confirmar.
 
Na reunión dos delegados de CCOO antes da reunión da Coordinadora e da mesa de Subcontracion faláronse dos seguintes temas:

·        Da importancia da formación do novo goberno xa que vai ser este quine nome o novo presidente da SEPI e a continuidade ou cesamento do actual presidente de Navantia, estas decisións son de gran importancia para o futuro da nosa empresa.

·        Fálase das medias a tomar ante o próximo día 22, coa sentenza do  Tribunal Supremo relativo á vixencia do convenio de Navantia, que sería unha concentración, mentres o tribunal delibera.

·        Do paro dos Técnicos superiores aprazado do 10 ao 17 deste mes.

·        Fálase dos actos do presidente de Navantia e das súas consecuencias no persoal, de carga de traballo, da organización da empresa, dos resultados económicos, das relacións laborables case nulas?.e das actuacións que este sindicato terá que liderar para tratar de cambiar esta inercia que nos conduce ao desastre.

Na reunión do Comité de Seguridade coa Empresa, falouse do como a industria auxiliar debe de adaptarse ao as normas de Navantia relativo principalmente ao recurso preventivo.
Na reunión celebrada onte a petición da Directora do recursos humanos, co Presidente da Coordinadora, tratouse a problemática que ten o colectivo dos Técnicos Superiores. Desta reunión arrincouse un compromiso de creación dun grupo de traballo con vontade negociadora aspectos tales como a incorporación dos TS ao convenio.

Na permanente de hoxe, tómase a decisión de facer unha asemblea mañá cos Técnicos Superiores ás 10:00h nos locais do comité de empresa.

viernes, 4 de noviembre de 2016

Nota informativa

Na reunión de delegados de CCOO de hoxe faláronse dos seguintes temas:
Acordouse na reunión da permanente do comité de empresa de onte, a creación dunha comisión de “Igualdade”, esta comisión reunirase o vindeiro mércores.
Valorouse positivamente a asistencia duns 70 técnicos superiores á concentración de onte ante dirección e tamén da organización do paro da xornada do día 10 aínda que esta data será confirmada na reunión de Madrid da próxima semana.
Onte celebrouse unha asemblea dos delegados da industria auxiliar coa comisión de auxiliares do comité de empresa, na que se acordou realizar unha rolda de prensa o día 11 deste mes onde estarán presentes as federacións dos sindicatos, o comité de empresa e os delegados da industria auxiliar. Tamén falouse de realizar unha concentración sobre o día 18 dese mes.
O vindeiro luns e martes celébranse as seguintes reunións en Madrid, a Coordinadora de CCOO, a Coordinadora unitaria dos comités de empresa e a da Coordidinadora Unitaria dos Comites de Empresa coa Dirección de Navantia. Nestas reunións tratarase subcontratación e a DPO dos técnicos superiores. Nestas mesmas datas, celebrásense reunións tanto de CCOO como do Comité Intercentros SSL e M.A e deste último coa empresa.
Con relación ao cartucho de nadal, despois da publicación na prensa, as ofertas presentaranse na secretaria do comité antes de ser presentadas á empresa.
Hoxe enviarase o calendario laboral elaborado pola parte social á empresa.

 

viernes, 28 de octubre de 2016

Nota Informativa

Esta semana houbo unha reunión entre a Comisión da Industria Auxiliar do Comité de Empresa de Navantia Ferrol coas federacións dos sindicatos CCOO, UGT, CIG , MAS e USTG.
Na sección Sindical de CCOO debatemos varias posibilidades para situarnos neste asunto (Industria auxilar) antes da reunión da Permanente do Comité de Empresa.
Na Permanente decídese facer un calendario de accións a realizar que se presentará ás federacións dos sindicatos anteriormente mencionados, entre as que figuran, unha rolda de prensa e posible concentracións, todo isto á espera de como transcorren os acontecementos, mentres Navanta non presenta o seu documento da Industria Auxiliar.

jueves, 20 de octubre de 2016

Nota informativa

O pasado venres tras decatarnos da visita a Ferrol do presidente de Navantia , o Comité de Empresa convoca aos traballadores a unha concentración para explicar a situación dos compañeiros da industria auxiliar, na que se decidiu saír ao Cantón, onde a empresa tiña prevista unha reunión con varios empresarios para explicar o modelo de subcontratación. Consideramos unha falta de prudencia esta actuación por parte de presidente cando se acaba de abrir a mesa de negociación para regular a industria auxiliar.
O luns desta semana se reunión a coordinadora de CCOO e a Coordinadora dos Comités de Empresa. O martes foi a reunión da Coordinadora dos Comités de empresa coa Dirección de Navantia.

Na Coordinadora dos Comités de Empresa falouse dos seguintes temas:

Con relación á DPO dos Técnicos Superiores tratouse de acordar as medidas de presión que van secundar este colectivo nos 7 centros de Navantia, hai coincidencia en todos os centros salvo en Madrid e Cartaxena.

Aprobouse presentar o borrador do documento da Industria Auxiliar acordado por todos os sindicatos á Empresa na reunión do martes.

Na reunión da Coordinadora dos Comités coa Empresa tratouse o modelo de subcontratación de Navantia. A Coordinadora presento á empresa o seu borrador consensuado e a empresa solicito un receso para estudalo. Despois de renovar a reunión, a empresa de comprometeu a tratar 3 puntos do borrador e a presentarnos as liñas xerais nas que quere basear a subcontratación coa suficiente antelación para poder negociar estes temas nunha reunión da mesa de subcontratación que celebrarase a primeira semana de Novembro.

Doutra banda o 22 de novembro celebrárase o fallo do recurso presentado pola empresa ante o Tribunal Supremo sobre a validez ou invalidez do 4º convenio colectivo de Navantia. A Audincia Nacional e o Fiscal xa nos deu a razón no seu día e esperemos que a sentenza sexa favorable aos nosos intereses.

Mañá venres 21 realizaremos unha asemblea de afiliade@s para informar cal será o proceso de reclamacións das asimilacións do 2016.

lunes, 10 de octubre de 2016

Nota Informativa


Na reunión de delegados do pasado venres, falamos e acordamos a asistencia á concentración do mesmo día, realizada diante do edificio da Xunta de Galicia en Ferrol para denunciar os contratos lixo, os baixos salarios, a precariedade laboral e revindicar traballos dignos. O sete de outubro celébrase a Xornada Mundial polo Traballo Decente.

O 18 de outubro reunirase a Mesa de Subcontratación en Madrid.

Este mes de outubro realizaremos unha asemblea de afiliados afectados  pola asimilación do ano 2016, onde se explicará a documentación para entregar e as datas que manexaremos. De todo isto irémosvos informando vía correo electrónico e carteis polos taboleiros.

Continuamos reclamando as catro horas para doar sangue (actualmente conceden 2h) e unha hora para renovar o DNI, estes dous puntos trasládanos a unha posible negociación colectiva.  En relación á traballadora social, contéstannos que van estudar a situación de repoñer este servizo. Expuxemos a necesidade da creación da Comisión do Cartucho de nadal e celebrarase unha reunión o vindeiro xoves para poner en marcha esta comisión.

martes, 4 de octubre de 2016

Xubilados do ano 1996


O martes 04/10/2016 o Comité de Empresa de Navantia Ferrol presentou un escrito na oficina de MAPFRE (Esteiro) no que se pedía a reposición da situación que viña dando desde os últimos 13 anos ata o pasado mes de Xuño dos xubilados afectados polo expediente nº 18/96 da E.N. Bazan; ademais de esixir información e explicacións desta aseguradora ao Comité de empresa.

lunes, 3 de octubre de 2016

Nota Informativa


Na reunión do pasado 29 de setembro entre a Coordinadora dos Comités de Empresa coa Dirección de Navantia en Madrid, tratouse dous temas, a apertura da mesa de subcontratación e a DPO dos Técnicos Superiores.

Neste primeiro contacto, constituíuse a mesa de subcontratación, onde a parte social realizou unha declaración de intencións, a idea de minimizar a subcontratación todo o posible e de fomentar a contratación directa por parte de Navantia e de dar unha maior estabilidade aos traballadores da industria auxiliar, denunciamos que a política de subcontratación actual de Navantia repercute directamente nas deficientes condicións laborais dos traballadores das mesmas. Vemos necesario abrir o debate dos persoais dos diferentes centros, os persoais deben de estar dimensionadas para poder afrontar as cargas de traballo cunha  mínima subcontratación.

Chégase ao acordo de facer unha reunión cada 15 días aproximadamente ata a consecución dun acordo relativo a este asunto, a próxima reunión é o 18 de outubro.

En Relación á DPO, trasladouse á empresa o malestar do colectivo dos técnicos superiores pola medida tomada pola empresa, aínda que retorna á situación anterior do ano 2014, non recoñece a retroactividad do subtraído no ano 2015 e négase a negociar coa representación sindical os conceptos de aplicación da DPO, por este motivo, informamos á dirección que en todos os centros realizásense as seguintes accións:

·        Realización de asembleas informativas.

·        Cumprimento estrito da xornada laboral.

·        Non atender chamadas telefónicas nin correos electrónicos nin realización de viaxes fóra da xornada estipulada.

·        Concentracións semanais do colectivo.

·        Cumprimento estrito dos procedementos de tabajo en cada departamento.

·        Realización dun paro xeral de colectivo durante unha xornada completa.

 

lunes, 26 de septiembre de 2016

Nota informativa.

A semana pasada tivemos dúas reunións de delegados una o día 20 e outra o 23, nas cales tratamos os seguintes puntos:

·        Polo tema da DPO, na asemblea mantida cos Técnicos Superiores acordouse que cada centro de Navantia propuxese unhas accións de presión a tomar entre todos os centros. O martes 27 ás 8:30h haberá unha asemblea cos TS, para debater e votar esas accións que se acordasen, na reunión da Coordinadora do 29 en Madrid.

·        Cos ingresos dos técnicos superiores, as nosas propostas para validar incorporacións e que se fagan de forma máis transparente son:

o   Verificación dos curriculums actos e non actos.

o   Publicación na prensa das prazas e novo prazo de entrega dos mesmos.

o   Realizar outra proba de inglés.

o   Realizar outra proba de análise de personalidade.

o   Na entrevista persoal que figure alguén da parte social.

o   Pedir unha ficha de perfís necesarios para cada posto.

·        Despois de que o tribunal superior de xustiza de Galicia désenos a razón ás nosas reclamacións, este mes a empresa, realizase os abonos pendentes de pago das axudas ao estudos dos anos 2013, 2014 e 2015.

·        O próximo dia 29 ás 10:30h en Madrid procederase á constitución da mesa de subcontratación. En Ferrol xa hai un documento consensuado entre todas as seccións sindicais sobre a regulación da industria auxiliar.

·        Haberá o mesmo dia 29 en Madrid unha coordinadora de CCOO para debater e acordar as accións para realizar con respecto á aprobación da DPO dos Tecnicos Superires e o documento da Industria Auxiliar para presentar na Coordinadora.

viernes, 16 de septiembre de 2016

Nota informativa

Esta nota informativa, publicámola despois de realizar unha Reunión de Delegados, unha Executiva e unha Seccion Sindical, os temas máis representativos tratados esta semana son os seguintes:
INDUSTRIA AUXILIAR:
Realización dun borrador do modelo de subcontratación de Navantia onde se regule as condicións esixibles ás subcontratas en relación ás condicións laborais (prevención, salarios...) Devandito documento será debatido e consensuado cos demais sindicatos do comité de empresa, antes de presentalo na Coordinadora Unitaria dos comités de Empresa para tratar que este documento sexa de aplicación en Todos os centros de Navantia. A reunión da mesa negociadora será a última semana setembro en Madrid.
OCIO E CULTURA (axudas ao estudo):
O período das axudas ao estudo deste ano é desde o 19 se setembro ata o 7 de outubro ambos inclusive.
Tras a sentenza do TSJ de Galicia na que se recoñéce o remanente dos importes non gastado en anos anteriores, desde o Comité de Empresa reclamamos os abonos dos importes pendentes de pago correspondentes aos anos 2013,2014 e 2015.
ASUNTOS SOCIAIS:
Despois de recuperar os usos e costumes (falta por aclarar a doazón de sangue), trataremos de conseguir licenza retribuída para a renovación do DNI e cremos necesario a figura dunha asistente social para resolver casos particulares. Para a próxima semana realizarase unha reunión desta comisión coa empresa.
COMISION DE PRODUTIVIDADE:
Continúase coa vixilancia e control dos tipos de traballos e horas extras realizadas no BAP
CONTRATACIÓN DE TÉCNICOS SUPERIORES
O Comité de Empresa de Navantia unha vez recibido o informe da Inspección de Traballo que ao noso entender é favorable ás nosas reclamacións, requirimos á empresa a información e a nosa participación no proceso selectivo das novas incorporacións neste caso falamos dos 25 tecnicos superiores. Desde CCOO, entendemos que ao ser unha empresa pública, a contratación debe de ser baixo uns parámetros de transparencia  e participación sindical que nestes momentos entendemos non se están dando por parte da Empresa
TECNICOS SUPERIORES (DPO):
Consideramos que a dirección da empresa non pode poñer  uns obxectivos en outubro cando xa sabe que non os poderán cumprir, entendemos que os obxectivos deben poñerse ao principio de ano e non a fínales. Tras a asemblea cos TS do pasado xoves nos locais do Comité de Empresa, houbo unhas propostas para aprobar na próxima asemblea que se celebra antes do 28 deste mes.
COMPLEMENTO VITALICIO:
Desde este xuño, os xubilados do expediente ano 1996 deixaron de percibir o complemento vitalicio xa que a compañía de seguros alega que xa ha gasto o diñeiro que recibiu no seu día para pagar este complemento. Este asunto xa se tratou na Comisión Paritaria e consideramos que Navantia debe facerse responsable subsidiario do abono dos salarios destes xubilados tal como acordou no seu día.
 

BALANCE CCOO NAVANTIA FERROL 2015-2016

OBXECTIVOS:

Despois de realizar en maio a última Asamblea Congresual, onde se marcaron una serie de obxectivos claros por parte da nova Dirección do Sindicato, devanditos obxectivos serian:

·        Crear as condicións, para que os mais novos vaianse implicando cara a una renovación sindical de cara o futuro. (Reunións con cada un dos delegados ).

·        Fomentar o traballo en equipo e coñecemento xeral ( Todos de todas as Comisións )

·        Maior contacto e presenza nos postos de traballo.

·        Comunicación fluida cos membros da candidatura.

·        Mellora na comunicación coa afiliación. (Blog) e pendente paxina web

·        Campaña de afiliación.

·        Unificar criterios e discurso de CC.OO en todolos Centros de Navantia. ( Novas Incorporacións, ETT`s, Incumplimentos Convenio, etc )

AFILIACIÓN:

Dende  xuño 2015 a xullo 2016 a afiliación de CCOO (Navantia Ferrol) sufriu os seguintes movementos:

·        4 Baixas de persoal en activo

·        12 Baixas por Incapacidade ( Xa non están na empresa)

·        1 por Falecemento

·        5 Desplazados

·        23 Altas novas o que representa o 3% da afiliación.

A Xullo de 2016 a nosa afiliación e de 770 afiliados sobre una plantilla de 1900 o que representa o 40% 

COMO SINDICATO:

Realizamos reunión semanais entre os delegados.

Duas de elas pola tarde.

Tivemos presenza polas tardes os delegados de CC.OO nos meses de Xaneiro a Marzal.

Realizamos 20 Executivas.

Realizamos 10 Seccións Sindicáis.

A maioria das acción levadas a cabo polo Comité de Empresa foron propostas por este Sindicato. 

COMO COMITÉ DE EMPRESA:

Dende o Comité de Empresa, o noso labor foi mais intenso.

Constitución do Comité, Intercentros de Saude Laboral, Coordinadora Unitaria dos Comites.

Mais de 50 reunións da Permanente.

Catro Plenos Ordinarios e dous Extraordinarios.

Cinco Asembleas Xerais e duas Parciais.

Seis saidas a Rua (Concentración en Facenda, Concentración no SMAC, Peche na factoria e Fachos, Caravana de coches, Manifestación Comarcal, Ofrenda Floral 10 de Marzal)

Sete Paros Técnicos ( No Flotel con Asemblea de traballadores, Escalafón, Cartucho de Nadal, Felicitacións de Nadal, Asimilacións, DPO Técnicos Superiores).

Doce Comunicados ( Botadura, Sector Lacteo, Tarifa Electrica, Compañeiro Xulgado en P.Real, Horas Extras, TxT, Eleccións Xerais, Sinatura do contrato con Australia en Santiago, Coordinadora Unitaria sobre Incumplimentos de Convenio, Contratación de T.S, Aplicación DPO os T. Superiores).

Recollida de sinaturas anticipo 16 horas (Febreiro)

Recollida de Alimentos e Xoguetes (Decembro)

Cartas a Directora de RR.HH ( Non recoñecemento da Coordinadora, Incumplimentos Convenio.

Carta o Presidente da SEPI solicitando o cese do Presidente de Navantia.

Denuncia ante a Inspección de Traballo sobre Incumplimentos Convenio e Contratación Técnicos Superiores.

Comisión Paritaria sobre Incumplimentos Convenio e Contratación T.S. 

ACORDOS ACADADOS:

Cartucho de Nadal 2015.

Escalafón Definitivo.

Calendario Laboral 2016 sen as 16 horas.

Liberalización dos reloxos de picada.

Licenzas Retribuidas: Usos e Costumes (Falta as catro horas na doazón de sangue, ou sustituilas por tres horas de doazón e una para Renovar o DNI)

Abonos premios de Xestión.

Sentenza de Becas (Remanentes).
Constitución da Comisión

lunes, 5 de septiembre de 2016

Reunión de delegados CCOO.

O vindeiro xoves 8 e tras o período vacacional, realízase unha reunión de delegados de CCOO no que as diferentes comisións delegadas informaran das situación das mesmas. Unha vez finalizada, os mantendremos informados por este mesmo medio.

miércoles, 20 de julio de 2016

Listado persoal entrega de CV na secretaria do Comite de Empresa


Axudas ao estudo.


Despois de que o tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fallase  ao noso favor, recoñecendo o remanente relativo de axudas ao estudo e sen vinculalos á lei de orzamentos, o  pasado 15/07/2016, o responsable da Comisión de Lecer e Cultura presentou un escrito ante o xefe de recursos humanos de Navantia Ferrol, solicitando que sexan abonadas as cantidades debidas dos anos 2013,2014 e 2015.
Estamos á espera da resposta por parte da dirección da empresa do escrito presentado e tamén estamos a esperar a saber se a empresa vai presentar recurso.

viernes, 15 de julio de 2016

jueves, 23 de junio de 2016

Comunicado federacións CCOO e UXT

Achegamos o comunicado conxunto das federacións de CCOO e UXT en relación ao acordo político sobre a presentación do plan industrial para Navantia.


viernes, 17 de junio de 2016

Alegación recurso Navantia


Para o voso coñecemento achegamos arquivo coas alegacións presentadas polo fiscal do tribunal supremo, ante o devandito tribunal, nas que na súa opinión, procede o rexeitamento do recurso presentado por Navania referido á sentenza da audiencia nacional que anulou o 4º convenio colectivo, co que declara que devandito recurso é improcedente.

En opinión de CCOO aínda que ditas alegacións e a declaración de improcedencia  non é aínda definitivo para dar por pechado este proceso, o valoramos moi positivamente , porque concorda co que nós expuxemos na nosa demanda e a importancia de que sexa o propio fiscal quen avale a nosa posición. Esperamos que o tribunal supremo cando dite sentenza téñao en conta.





jueves, 28 de abril de 2016

Asemblea Xeral


Achegamos o cartel da asemblea xeral de hoxe, contamos coa vosa asistencia.

1 DE MAIO 2016

Desde esta sección sindical de CCOO facemos un chamamento á participación na manifestación do 1 de maio, que sairá ás 12:00 horas da praza do inferniño.